Campanas de Bastabales |
Compositor/Letrista |
Rosalía de Castro |
Letra |
Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar, mórrome de soidades. Cando vos oio tocar, campaniñas, campaniñas, sin querer torno a chorar. Cando de lonxe vos oio, penso que por min chamades e das entrañas me doio. Dóiome de dór ferida, que antes tiña vida enteira e hoxe teño media vida. Só media me deixaron os que de aló me trouxeron, os que de aló me roubaron. Non me roubaron, traidores, ¡ai!, uns amores toliños, ¡ai!, uns toliños amores. Que os amores xa fuxiron, as soidades viñeron... De pena me consumiron. Campanas de Bastabales, cando vos oio tocar, mórrome de soidades. |
Intérprete |
Amancio Prada |
Buscador
Mostrando entradas con la etiqueta Rosalía de Castro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Rosalía de Castro. Mostrar todas las entradas
jueves, 4 de agosto de 2022
Campanas de Bastabales - Amancio Prada
Labels:
Amancio Prada,
poesía cantada,
recuerdos,
Rosalía de Castro
martes, 5 de marzo de 2019
Amancio Prada - Vamos bebendo
Vamos bebendo |
Compositor/Letrista |
Rosalía de Castro |
Letra |
Teño tres pitas brancas e un galo negro, que han de poñer bós ovos andando o tempo; y hei de vendel-os caros polo xaneiro; y hei de xuntal-os cartos para un mantelo; y hei-lo de levar posto no casamento; y hei..: Pois mira, Marica, val por un neto, que antramentas non quitas eses cerellos, y as pitas van medrando co galo negro, para poñel-os ovos e todo aquelo do xaneiro, dos cartos e o casamento, miña prenda da y-alma, ¡vamos bebendo! |
Intérprete |
Amancio Prada |
Labels:
Amancio Prada,
Galicia,
recuerdo,
Rosalía de Castro
sábado, 22 de abril de 2017
Adiós ríos, adiós fontes - Amancio Prada
Adiós ríos, adiós fontes |
Compositor/Letrista |
Rosalía de Castro |
Letra |
Adiós, ríos; adiós fontes; adiós , regatos pequenos; adiós, vista dos meus ollos, non sei cando nos veremos. Miña terra, miña terra, terra donde me eu criei, hortiña que quero tanto 6gueiriñas que prantei, prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento, paxariños piadores, casiña do meu contento, muíño dos castañares, noites craras de luar, campaniñas trimbadoras da igrexiña do lugar, amoriñas das silveiras que eu lle daba ó meu amor, camiñiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! ¡Adiós groria! ¡adiós contento! ¡Deixo a casa onde nacín, deixo a aldea que conoço por un mundo que non vin! Deixo amigos por estraños, deixo a veiga polo mar, deixo, en fin, canto ben quero... ¡Quén pudera non deixar...! Adiós, adiós, que me vou, herbiñas do camposanto, donde meu pay se enterróu, herbiñas que biquey tanto, terriña que nos crióu. Xa se oyen lonxe, moy lonxe, as campanas do Pomar; para min, ¡ay!, coitadiño, nunca roáis han de tocar. Xa se oyen lonxe, máis lonxe... Cada balada é un dolor; voume soyo, sin arrimo... Miña terra, ¡adiós!, ¡adiós! ¡Adiós tamén, queridiña...! ¡Adiós por sempre quizá.....! Dígoche este adiós chorando dende a beiriña do mar. Non me olvides, queridiña, si morro de soidás... Tantas légoas mar adentro... ¡Miña casiña! ¡meu lar! |
Intérprete |
Amancio Prada |
ESCUCHAR |
Labels:
Amancio Prada,
recuerdo,
recuperada,
Rosalía de Castro
martes, 7 de marzo de 2017
Luz Casal - Negra sombra
Negra sombra |
Compositor/Letrista |
Rosalía de Castro |
Letra |
Cando penso que te fuches negra sombra que me asombras ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa Cando maxino que es ida no mesmo sol te me amostras i eres a estrela que brila i eres o vento que zoa Si cantan, es ti que cantas si choran, es ti que choras i es o marmurio do río i es a noite i es a aurora En todo estás e ti es todo pra min i en min mesma moras nin me dexarás nunca sombra que sempre me asombras. |
Intérprete |
Luz Casal |
ESCUCHAR |
Labels:
Luz Casal,
recuerdo,
Rosalía de Castro
Suscribirse a:
Entradas (Atom)