Buscador

viernes, 6 de agosto de 2021

Corre o vento, o río pasa - Amancio Prada


Corre o vento, o río pasa
Compositor/Letrista
Rosalía de Castro
Letra
 Corre o vento, o río pasa.
Corren nubes, nubes corren
camiño da miña casa.
 Miña casa, meu abrigo,
vanse todos, eu me quedo
sin compaña nin amigo.
 Eu me quedo contemprando
as laradas das casiñas
por quen vivo sospirando.
 Ven a noite..., morre o día,
as campanas tocan lonxe
o tocar do “Ave María”.
 Elas tocan pra que rece;
eu non rezo que os salouços
afogándome parece que por mín tén que rezar. Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.
Intérprete
Amancio Prada

No hay comentarios: