Buscador

martes, 21 de junio de 2022

Probiña da tola - Juan Pardo


Probiña da tola
Compositor/Letrista
Juan Parsdo
Letra
Non teño parentes,
Amores nin chouza,
De aldea en aldea,
Parroquia en parroquia
Ando polo mundo
Arredada e soia,
E xanto, cando atopo,
Cunha almiña boa,
Que polos seus mortos,
Bótame de esmola
A cunca do caldo e
O anaco de broa.
Durmo nos camiños,
Érgome coa aurora,
Lávome nas fontes
De crara auga morna,
E as noites
Que a lúa loce briladora,
Como nun suspiro,
Paso as horas mortas,
Mirando pra ela,
Cantándolle copras,
Lúa, lúa branca,
Como me namoras,
Lúa, lúa branca,
Como me namoras.
Os cans que me ladran
E os nenos que xogan,
Tirándome pedras,
Chamándome tola,
Atraveso veigas,
Rubo corredoiras
E salto valados,
Cobertos de roxas,
Espiñas de estripos
E ortigas treidoras,
Que fírenme a carne
E ráchanme a roupa ... ...
a roupa dos probes,
Que nunca foi nova.
A xente do mundo
Que din que está corda,
Marmura ao toparme,
 "Probiña da tola",
E non é verdade ...
Abofé ... abofé que estou corda.
Si a xente o soupera.
Cando camiñando
Paso po-las hortas,
A tempo que a xente,
Turra da espiocha,
Ou cava patacas,
Ou pranta cebolas,
Sempre hai un que diga,
"¿Onde vades Rosa?"
E eu que nunca quixen andar con parolas:
"Demo de xudío" ...
A ti, que che importa.
E sin máis palique,
Vírome de costas,
Mais ben me percato,
Facéndome a sorda,
Que queda dicindo ...
"Probiña da tola".
"¡Probiña da tola!".
O conto é que un fillo, (bo mozo),
Da Dona do Pazo da Gándara,
Andúvolle as voltas.
As cousas do mundo
E o triste da historia,
Foi que o mozo o irse,
 "Deixouna sin honra"...
Eu non me recordo, bah ...
¿Quén se recorda?
Pero eu non acerto,
Qué ten esa historia,
Que cando contala,
Tristeiros escoitan,
Correndo da horta,
Os homes salaian,
E as vellas e as mozas,
Co mandil nos ollos,
Doloridas choran
Decindo en voz baixa ...
"Probiña da tola".
A xente do mundo
Que din que está corda,
Marmura ao toparme
 "Probiña da tola".
E non é verdade ...
Abofé ... abofé que estou corda.
Si a xente soupera.
¡Si a xente soupera!
Que non é verdade, abofé estou corda,
Si a xente soupera
Que eu vivo na groria,
Cando a noite cobre
O pinal de sombras,
Dúrmome nun leito de fiunchos e follas,
E a pouco desperto,
E vexo unha pomba,
Que baixa do ceo voa que revoa,
E ven no meu colo pousarse,
E mimosa rúbeseme o peito
E bícame na boca,
Fálame dos anxos, da Nosa Señora,
E todas as noites,
Ven a branca pomba,
E comigo fala, e comigo xoga.
Até que alumeando
O pinal la aurora,
Rube cara ao ceo voa que revoa
Por eso me río, cando "Meigas fora"
A xente do mundo
Que din que está corda,
Marmura ao toparme ...
"Probiña da tola".
 "¡Probiña da tola!"
"¡Probiña da tola!" 
Intérprete
Juan Pardo

No hay comentarios: